1500 convivium
en todo o mundo
Home » , , » Asóciate a Slow Food!!

Asóciate a Slow Food!!

Slow Food está aberto a toda persoa: a diversidade dos nosos socios é unha das nosas maiores forzas. Co teu carné persoal de Slow Food, podes participar nos proxectos, os eventos e as actividades postas en marcha pola Asociación preto de ti e en 150 países do mundo.

Só grazas ao teu apoio, Slow Food pode levar a cabo as súas moitas iniciativas para a tutela da biodiversidade alimentaria, para favorecer relacións directas e proveitosas entre produtores e consumidores, para sensibilizar sobre os asuntos máis urxentes vinculados co sistema alimentario mundial e para incrementar proxectos como a Arca do Gusto de Galicia. Xunto a outros numerosísimos socios en todo o mundo, sostés o noso compromiso por unha alimentación boa, limpa e xusta para todos.

Os socios agrúpanse en seccións locais coñecidas como convivium, grupos autónomos que compoñen os alicerces da asociación.

Os convivium fomentan a posta en valor da calidade e do pracer na vida cotiá reuníndose regularmente para compartir comidas e alimentos locais, xerar relacións con produtores, organizar catas, degustacións e seminarios, impulsar entre os/as cociñeiros/as o uso de alimentos locais (a través dos Km 0) e promocionar a educación do gusto nas escolas. Os eventos e iniciativas ofrecen a socios e seguidores a oportunidade de reunirse e compartir a paixón que vincula a toda a rede de Slow Food.

As cotas dos socios serven para soster moitos proxectos de Slow Food. Con este diñeiro estarás contribuíndo a que a nosa actividade en Galicia sexa posible.


FAITE SOCIO!

Asóciate a Slow Food Compostela

Escríbenos a slowcompostela@gmail.com ou a través do noso formulario de contacto e forma parte do movemento Slow Food en Galicia!!

SHARE

About Leo

0 comments :

Publicar un comentario